Breadcrumb

BASES LEGAIS CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO


1. ORGANIZADOR
O presente concurso está organizado por Viguesa de Transportes, S.L., con domicilio social en estrada de
Baiona 36, 36214, San Andrés de Comesaña, Vigo (Pontevedra) e CIF B-36693778 (en diante, “Vitrasa”).


2. OBXECTO DO CONCURSO
O obxecto do presente concurso é promover a participación cidadá con motivo do Entroido,
fomentando a creatividade e o uso do transporte público a través dun concurso de disfraces vinculado
ao autobús urbano de Vitrasa.


3. ÁMBITO TERRITORIAL
O concurso terá ámbito local e estará dirixido a persoas que se atopen no ámbito de actuación do
transporte urbano de Vigo.


4. ÁMBITO TEMPORAL
O período de participación comprenderá desde o 13 de febreiro de 2026 ata o 17 de febreiro de 2026,
ambos inclusive.
5. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que:
• De todas as idades.
• Dispoñan dunha conta activa en Instagram.
• Cumpran coa mecánica de participación.
• Manteñan o perfil de Instagram en modo público durante o período de participación ou, en caso de
dispoñer dun perfil privado, envíen unha captura de pantalla da participación mediante mensaxe directa
ao perfil oficial de Vitrasa (@vitrasaoficial) dentro do prazo do concurso.
• A participación no concurso realizarase exclusivamente a través de Instagram. A difusión do concurso
en Facebook terá carácter informativo, non considerándose válidas as participacións realizadas
unicamente a través de dita rede social.


6. MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN
Para participar será necesario:
1. Seguir o perfil oficial de Vitrasa en Instagram (@vitrasaoficial).
2. Dar “gústame” á publicación do concurso.
3. Realizar unha fotografía disfrazado/a en unha contorna relacionada co autobús de Vitrasa.
4. Publicar a imaxe en stories de Instagram mencionando a @vitrasaoficial.
Cada persoa poderá participar unha vez.


7. SELECCIÓN DE PERSOAS GAÑADORAS
As persoas gañadoras serán seleccionadas por un xurado interno de Vitrasa, atendendo a criterios de
orixinalidade, creatividade e espírito festivo. A decisión será final e inapelable.


8. PREMIOS

Outorgaranse 5 premios:

- Primeiro premio: 1 cámara fotográfica instantánea e 1 botella reutilizable da compañía.

- Segundo premio: 1 cámara fotográfica instantánea e 1 altofalante da compañía.

- Terceiro, cuarto e quinto premio: pack de agasallos corporativos.

 

9. COMUNICACIÓN DE GAÑADORES

As persoas gañadoras serán contactadas por mensaxe privada nun prazo máximo de 5 días. En caso de non obter resposta nun prazo de 3 días, Vitrasa resérvase o dereito de seleccionar unha participación alternativa.

 

10. PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán tratados conforme á normativa vixente en materia de protección de datos, coa única finalidade de xestionar o presente concurso. As persoas participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e demais dereitos recoñecidos pola normativa vixente mediante comunicación a: info.vigo@avanzagrupo.com.

 

11. RESPONSABILIDADE

Vitrasa non se responsabiliza de incidencias técnicas ou erros alleos á organización.

 

12. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE DAS REDES SOCIAIS

Instagram non patrocina nin administra este concurso.

 

13. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación implica a aceptación íntegra destas bases.

 

14. MODIFICACIÓN, SUSPENSIÓN Ou CANCELACIÓN DO CONCURSO

Vitrasa resérvase o dereito de modificar, suspender ou cancelar o presente concurso por causa xustificada, comunicándoo a través das súas canles oficiais.