Migalhas de pão

BASES LEGAIS CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO

1. ORGANIZADOR
O presente concurso está organizado por Viguesa de Transportes, S.L., con domicilio social en estrada de
Baiona 36, 36214, San Andrés de Comesaña, Vigo (Pontevedra) e CIF B-36693778 (en diante, “Vitrasa”).


2. OBXECTO DO CONCURSO
O obxecto do presente concurso é promover a participación cidadá con motivo do Entroido,
fomentando a creatividade e o uso do transporte público a través dun concurso de disfraces vinculado
ao autobús urbano de Vitrasa.


3. ÁMBITO TERRITORIAL
O concurso terá ámbito local e estará dirixido a persoas que se atopen no ámbito de actuación do
transporte urbano de Vigo.


4. ÁMBITO TEMPORAL
O período de participación comprenderá desde o 13 de febreiro de 2026 ata o 17 de febreiro de 2026,
ambos inclusive.


5. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que:
• De todas as idades.
• Dispoñan dunha conta activa en Instagram.
• Cumpran coa mecánica de participación.
• A participación no concurso realizarase exclusivamente a través de Instagram. A difusión do concurso
en Facebook terá carácter informativo, non considerándose válidas as participacións realizadas
unicamente a través de dita rede social.
Todos os participantes no concurso, polo simple feito da participación, aceptarán as bases do concurso e
as normas que rexen o seu procedemento.
Así mesmo, so poderán participar perfiles de persoas físicas, excluíndose os perfiles de grupos, persoas
xurídicas, empresas, asociacións ou similares.


6. MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN
Para participar será necesario:
1. Seguir o perfil oficial de Vitrasa en Instagram (@vitrasaoficial).
2. Dar “gústame” á publicación do concurso.
3. Realizar unha fotografía disfrazado/a en unha contorna relacionada co autobús de Vitrasa.
4. Publicar a imaxe en stories de Instagram mencionando a @vitrasaoficial.
5. Enviar unha mensaxe privada ao perfil de Instagram de Vitrasa (@vitrasaoficial) coa captura de
pantalla en como a publicación foi realizada
Cada persoa poderá participar unha vez.


7. SELECCIÓN DE PERSOAS GAÑADORAS
As persoas gañadoras serán seleccionadas por un xurado interno de Vitrasa, atendendo a criterios de orixinalidade, creatividade e espírito festivo. A decisión será final e inapelable. As persoas participantes no concurso autorizan a difusión do seu nome nas as redes sociais e tamén nos medios de comunicación en caso de que se realizase unha comunicación pública do/da gañador/a, así como unha imaxe de sí mesmos. Excluiranse do concurso todas aquelas persoas participantes que inclúan comentarios que degraden a dignidade e a imaxe doutros participantes ou de VITRASA, reservándose VITRASA todas as accións legais que se puideran derivar dos mesmos. Todos os participantes que participen con fotografías e/ou realicen comentarios nas mesmas que poidan ser inapropiados ou lesivos para a imaxe de VITRASA ou que poidan resultar ofensivas serán excluídas do Concurso.

 

8. COMUNICACIÓN DA OBTENCIÓN DE PREMIOS
O nome dos premiados darase a coñecer o 20 de febreiro de 2026 nos perfís de RRSS de Vitrasa.

 

9. PREMIOS
Outorgaranse 5 premios: - Primeiro premio: 1 cámara fotográfica instantánea e 1 botella reutilizable da compañía - Segundo premio: 1 cámara fotográfica instantánea e 1 altofalante da compañía - Terceiro, cuarto e quinto premio: pack de agasallos corporativos.

 

10. COMUNICACIÓN DE GAÑADORES
As persoas gañadoras serán contactadas por mensaxe privada nun prazo máximo de 5 días. En caso de non obter resposta nun prazo de 3 días, Vitrasa resérvase o dereito de seleccionar unha participación alternativa.

 

11. PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán tratados conforme á normativa vixente en materia de protección de datos, coa única finalidade de xestionar o presente concurso. As persoas participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e demais dereitos recoñecidos pola normativa vixente mediante comunicación a: info.vigo@avanzagrupo.com.


12. RESPONSABILIDADE
Vitrasa non se responsabiliza de incidencias técnicas ou erros alleos á organización.

 

13. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE DAS REDES SOCIAIS
Instagram non patrocina nin administra este concurso.

 

14. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación implica a aceptación íntegra destas bases.

 

15. MODIFICACIÓN, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DO CONCURSO
Vitrasa resérvase o dereito de modificar, suspender ou cancelar o presente concurso por causa xustificada, comunicándoo a través das súas canles oficiais.

 

16. EXCLUSIÓNS E LIMITACIÓNS
O premio en ningún caso poderá ser obxecto de substitución, cambio, alteración, compensación, cesión ou venda por parte dos gañador/a.
O gañador/a será responsables de tódalas obrigacións fiscais que se deriven de premio obxecto do presente Concurso.
VITRASA resérvase o dereito de cancelar o Concurso en calquera momento e por calquera causa.
VITRASA resérvase o dereito a non considerar participante e -polo tanto- excluír deste concurso a calquera participante que estime que realiza un mal uso e/ou tente manipular a mecánica do concurso en xeral.
Os participantes obríganse expresamente a garantir a exactitude e veracidade dos seus datos de carácter persoal. A falsidade de calquera tipo de dato, ou o incumprimento de calquera dos requisitos sinalados nas presentes Bases, será causa suficiente para a descualificación como participante do presente Concurso.
VITRASA resérvase o dereito a realizar modificacións ou engadir anexos sucesivos sobre a mecánica e premios, sempre que as mesmas estean xustificadas ou non prexudiquen aos participantes, e comuníquense a estes debidamente.

 

17. PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN
Os participantes, polo mero feito de participar no Concurso, aceptan as súas bases e o criterio de VITRASA en canto a resolución de calquera cuestión derivada destas Bases. O período de reclamación finaliza transcorridos cinco (5) días desde a data de comunicación ao agraciado/a do premio. As reclamacións interporanse mediante escrito dirixido ao domicilio social de VITRASA. Para o coñecemento de calquera litixio que puidese exporse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto VITRASA como os participantes nesta promoción sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Vigo.